Raro silencio (A voapluma, Diario de Ferrol, 28/10/2001)

Se días atrás escribía estas notiñas desde Venecia, hoxe fágoo preto de Oslo. Europa é pequena: comparémola cos Estados Unidos –e xa non miremos para Rusia. Por iso me estraña tanto que España, pequenísima, aínda se queira facer menor nunha loita intestina: a do centralismo madrileño contra o policentrismo europeo. …

Share

Ramón Nicolás valorou The making of

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás: “Xavier Alcalá, folga dicilo pero talvez non estea de máis lembralo, escribiu multitude de páxinas, algunhas delas consideradas xa clásicos contemporáneos, que reparan neses fíos ás veces visibles e outras non tanto, que unen Galicia e Arxentina. Con The makin of, dalgún xeito, axusta contas con dous elementos ou factores que entendo novidosos.”

Share