Etiqueta: Francisco Franco
Afonso Monteiro (A voapluma, Diario de Ferrol, 29/09/2001)
Hai uns días cruzáronse dúas realidades mediáticas que non deixan de ter o seu aquel. Dunha banda, sóubose que Xesús Alonso Montero —sempre nomeado cos dous apelidos— comunicara nun congreso que Antonio Montero —quen só asina co primeiro apelido— o informara de que Xesús Pérez Varela dixera que “o exilio …
Pedrafita (A voapluma, Diario de Ferrol, 16/06/2001)
Galicia desfaise axiña por autovía, ata chegar ao escudo. Pedrafita é invencible. Imaxinemos os romanos penetrando aquelas carballedas. Despois, os suevos; e tantos peregrinos, século a século. Un deles, imprescindible para quen goce con libros de viaxes, George Borrow, “don Jorgito el inglés”. Chegando á Veiga de Valcárcel, a súa …
Cova de Iría (A voapluma, Diario de Ferrol, 09/05/2001)
Irreverentes, os residentes nos colexios maiores da Universitaria madrileña naqueles tempos de “grises”, “lecheras”, “sociales” e feliz unión de todos contra Franco, adoitaban cantar algo estraño, aprendido nas súas vilas, pronunciado no castelán que nunca se impuxo e menos con axuda da igrexa obediente a Roma: “El trece de mayo, …
Malia a gripe (A voapluma, Diario de Ferrol, 02/05/2001)
Sigo a recibir notas dos lectores destas columniñas. De Ortigueira –vía datagrama– chega severa reprimenda por ter dito que a Casa del Hombre da Coruña é algo entre a parvada e a (perdón, señoras damas) conachada. Rectifico: é algo para cativos, metido nun edificio curioso e grandioso… Sigo con gripe, …
Garavanzos (A voapluma, Diario de Ferrol, 04/04/2001)
Ollando para unha pota chea de garavanzos a remollar, viñéronme profundas saudades do tempo ido en que todos contra Franco estabamos mellor, porque eramos rapaces. Os garavanzos son legumes que precisan máis remollo que as fabas ou as lentellas, por seren duros coma pedras; tanto que se lles pode dar …
Censura (A voapluma, Diario de Ferrol, 12/03/2001)
Está en Ferrol a exposición do cincuentenario de Galaxia, instalada no centro que leva o nome de Gonzalo Torrente Ballester, escrito con letras de bronce que xente encanallada foi roubando da parede. Completa periplo por un impaís que non merece personaxes coma os que publicaban libros galegos en tempos do …
Cuelgamuros (A voapluma, Diario de Ferrol, 22/02/2001)
Por amabilidade dun compañeiro de traballo recibo uns libriños que chaman a atención. Un deles titúlase El hombre y la mujer que quieren amarse, e o outro Una breve reseña de los Estudios Interplanetarios. O seu autor vén sendo Jesús Otero, “del Colegio Nacional de Autores-Gestores, Teniente retirado del Ejército”. …
A prol do turismo
Tour é palabra francesa con varios significados; un deles, paseo. Para os ingleses -que falan medio francés- tour, pronunciado ao seu xeito, significa viaxe e xira; ten máis entidade cá do paseo como hoxe entendemos en España. Simplificando con fonética ibérica, dicimos turismo para indicar viaxes con estancias por gusto, …
Amargura (A voapluma, Diario de Ferrol, 25/11/2000)
Como todo o mundo deu en lembrar o que facía cando morreu Franco, coido que cómpre o irmos contando o que estabamos a facer cando morreron outros. Cando Carrero Blanco voou, eu traballaba na filial española dunha empresa de belo nome italiano, Generale di Telefonia ed Elettronica. Mandaba na fábrica …