Ramón Nicolás valorou The making of

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás: “Xavier Alcalá, folga dicilo pero talvez non estea de máis lembralo, escribiu multitude de páxinas, algunhas delas consideradas xa clásicos contemporáneos, que reparan neses fíos ás veces visibles e outras non tanto, que unen Galicia e Arxentina. Con The makin of, dalgún xeito, axusta contas con dous elementos ou factores que entendo novidosos.”

Share

Requisitos (A voapluma, Diario de Ferrol, 05/10/2001)

Nestes días de horror bélico anunciado, parecería que a cuestión da inmigración andase queda: como se, de súpeto, África deixase de tentar envorcarse clandestinamente na desexada Europa. De todos é coñecido o parón da avalancha das pateras. Menos sabidas son as noticias de Lavapiés, barrio madrileño habitado por moitos inmigrantes …

Share

Galegos en Barcelona

Barcelona, bela cidade, chea de xente e negocio. Desde hai moito foi destino de galegos a tentaren mellorar de vida. Hóuboos que alá levaron apenas vontade de traballo manual, mais tamén os houbo que achegaron o seu intelecto superior ao grande burgo marítimo. Por exemplo, o ferrolterrán Eugenio Serrano de …

Share

Retornar (A voapluma, Diario de Ferrol, 29/06/2000)

Nome tipicamente galego, apelidos galegos sen dúbida, fala castelá neutra, con certo ton madrileño pero sen leísmos. Formación universitaria, posto directivo en empresa multinacional. Traxe gris, carteira de marca. “Son de Caracas -aclara-. Meus pais coñecéronse na Irmandade. Alá estaba eu marcado por galego, en Madrid por sudaca. Sempre quixen …

Share

“El turco García”

Feira Internacional do Libro de Buenos Aires. Cita de xornalista arxentino con escritor galego que presenta novela sobre a épica da emigración. Preguntas, ao principio acerca das aventuras de cruzar o mar e ir poboar terras ignotas; despois, sobre os movementos da xente por todo o mundo, e, de aí, …

Share

“Retornemos”

Parecía albiscarse algo de luz na Longa Noite de Pedra cando comezou a hemorraxia que hoxe mata o Impaís. O economista Xoán Ramón Allegue definiu a primeira vaga de emigrantes con estudos, á que pertence, como a «xeración do bacharelato superior»: nas cidades había institutos mais Compostela so ofrecía carreiras …

Share