Arte de vender (A voapluma, Diario de Ferrol, 02/08/2001)
A tarde de Bergen ameaza con grandes toucas de brétema nos cumes, e uns artefactos chaman a atención: expendedores automáticos de paraugas. Coas primeiras pingas achéganse a eles os turistas asistentes aos fastos da regata Cutty Sark. Por 60 coroas –1.200 pesetas– levan un parauguiñas xeitoso. E calquera galego pensa …