Brasil sorprendente

Brasil sempre sorprende, do Rio Grande do Sul ao Rio Grande do Norte, desde as pampas ao sertão. Brasil enteiro está hoxe nos medios de comunicación do mundo porque nel a corrupción é tan desmesurada coma as súas praderías, os seus desertos e as súas selvas. Un xuízo por corrupción …

Share

Verde castrista

Durante meses Juana Maseda estivo a contar a revolución cubana segundo ela e moitos outros a fixeran: desde a pequena burguesía urbana, farta do «indio» Batista. Un dos personaxes do drama, importante mais non imprescindible, era o Fidel Castro. Contrastado o que ela contaba, con documentos e declaracións doutros sobreviventes …

Share

Desde Rusia polo Imperio

O próximo 12 de outubro poderase conmemorar o LXXV aniversario da entrada en combate da División Azul co Exército Vermello. Curiosamente, o ataque ruso comezou no «Día de la Raza», ou do Pilar, cando esa advocación mariana xa tiña rango de Capitá Xeneral e soldo correspondente. Aquela aventura tivo moitas …

Share

O Tesouro do Monte

O ano 2016 vai ficar na historia de Galicia como o do verán sen fin. Non se acorda seca tan longa, tanto sol e tanto medo aos incendiarios que aproveitan o nordés. Con todo, hai unha zona do Impaís que non arde: unhas 400.000 hectáreas do eucaliptal mindoniense. ¿Por que? …

Share

Fotopoemas

Sempre houbo escritores a desprezar os medios técnicos que ían aparecendo para axudar á creatividade (Blanco Amor escandalizábase con que se usase o ordenador para escribir). Hoxe aínda hai dese tipo de escritores contrarios ao progreso: os que consideran as redes sociais como algo cativo, non para divinas elites creadoras. …

Share

Neocastrapo político

Aconteza o que acontecer en Galicia o próximo 25 de setembro, continúe o Alberto (Alberte) Núñez (Núnez) Feijoo (Feijó, a pronunciar Feishó) ou non presidindo a Xunta, a historia da lingua galega haberalle dedicar un capítulo a este político: o da consolidación do neocastrapo. El é paladín de tal fala …

Share