XAVIER ALCALÁ OFRECE A CONFERENCIA “O RENACER DA MÚSICA GALEGA” DENTRO DO CICLO “NON DEAS AO ESQUECEMENTO” DO CONCELLO DE FENE

A intervención de Xavier Alcalá incluirá a presentación en primicia do documental “O tren que me leva” sobre a vida e traxectoria musical de Andrés do Barro, amigo do escritor e para o que compuxo cancións de grande éxito en toda España Data e hora: martes, 28 de febreiro ás 19.30 horas Lugar: Casa da Cultura de Fene A Coruña, 27 de marzo de 2006.

No marco do Ciclo Cultural “Non deas ao esquecemento”, organizado polo Concello de Fene co gallo do 70 aniversario da Guerra Civil, o escritor Xavier Alcalá ofrece a conferencia “O renacer da música galega”.No desenvolvemento do seu relatorio, Xavier Alcalá fará unha profunda análise do fenómeno da Nova Canción e a súa repercusión musical, cultural e social, apoiado no importante éxito dos catro disco de ouro acadados por Andrés do Barro nos anos 70, que implica a aceptación das letras en galego fora das fronteiras de Galicia.

Share