Tristes illas subtropicais

Non hai nada tan divertido coma “viaxar e coñecer xentes” (que hace a los hombres discretos), e buscar sobre a face da Boliña Azul (The Pale Blue Dot) perdida no Universo lugares onde o gozo está servido. Mais ás veces o viaxeiro ve cousas que o converten en covarde, porque non se atreve a reaccionar.

¿Como aturar a separación de praias, para turistas e para o pobo local? ¿Como non se alterar vendo como uns necesitados do que non se debe vender llelo compran a rapazas que tiñan que estar no instituto aprendendo matemáticas? En fin…, non sigamos con feitos vulgares, arquicoñecidos.

En canto as illas do Mar dos Caraíbas non tiveren un mínimo de industria, mentres todo sexa vivir á conta dos turistas cegos para o que non atinxe o seu divertimento, non haberá verdadeira satisfacción para o viaxeiro.

(Por certo, ¿alguén sabe cantos haitianos viven escravizados na República Dominicana?)

Share