Retomando o meu sitio na arañeira mundial

Ola a todos os que navegades pola arañeira poboada de servidores: logo dun longo período de ausencia e tras certos arranxos telemáticos, volvo a vós cos meus soños e as miñas teimas.
Alén dos artigos que aquí publique, seguirei a publicar desde Twitter (@xavier_alcala) e desde Facebook (www.facebook.com/xalcalan).
Agora ando enguedellado coa publicación, en galego e en castelán de ‘Verde oliva’, e coa súa tradución ao inglés. É unha novela que conta a vida dunha axente secreta galega durante a revolución cubana. Vou crear un apartado con documentación do ‘making of’ do libro que vos ofrecerei desde este sitio. Adianto unha foto de rebelde cubano vestidos de uniforme verde oliva (cor que tedes que adiviñar pois a foto é de tempos en branco e negro)
Agradézovos por adiantado a vosa atención e as vosas críticas, que estamos no mundo para recibilas. Unha aperta colectiva.

Share