Cárcere verde ofrécese para descarga en castelán (Contra el viento) e inglés (Emerald Jungle)

Libraría Couceiro de Compostela Cárcere verde é, levemente retocada, a novela interior de Tertúlia, a que se supón plaxiada. Recomendacións de críticos e insistencia de editores, levaron o autor a extraer un texto que nada ten de plaxio. Tres son as compoñentes principais da narración: a fábula –con probable base histórica– da Cidade dos Césares agochada na selva, a descuberta –publicada pola revista National Geographic– de restos dunha elevada cultura no Abrigo do Sol amazónico e a experiencia persoal de Xavier Alcalá nos labirintos da xungla. Documentación científica e lecturas da narrativa amazonista completaron as bases dun clásico de aventuras –fulgor de diamantes, cobiza e morte– a formar parte do ciclo americano de Alcalá.

Contra el viento (Capítulo I en PDF)

Emerald Jungle – Chapter 1 (PDF)

Share

One Comment

Comments are closed.