Un título de Xavier Alcalá gaña o Premio Planeta

port-contra-el-viento-1994.jpgOnte soubemos que o título da novela gañadora do Premio Planeta, de autoría de Ángeles Caso, é Contra el viento, exactamente o mesmo que o da edición en castelán de Cárcere verde, a novela que, levemente retocada, se atopa no interior de Tertúlia como obra que funciona como suposto plaxio. Recomendacións de críticos e insistencia de editores levaron o autor a extraer un texto que nada ten na realidade de plaxio. Tres son as compoñentes principais da narración: a fábula –con probable base histórica– da Cidade dos Césares oculta na selva, a descuberta –publicada pola revista National Geographic– de restos dunha elevada cultura ao Abrigo do Sol amazónico e a experiencia persoal de Xavier Alcalá nos laberintos da xungla. Documentación científica e lecturas da narrativa amazonista completaron as bases dun clásico de aventuras –fulgor de diamantes, cobiza e morte– que forma parte do ciclo americano de Alcalá.”

Share

3 Comments

  1. O temazo sería que a protagonista da novela de Caso, polo menos, fose de Burela.
    Sobre o Planeta, Cela tamén tiña que dicir, como dixo do Cervantes, que está cheo de lixo. A min non me molesta que unha editorial faga o que queira cos seus cartos, o que me fastidia é que nos tome por imbéciles cada ano que pasa. E que colaboren palmeiros pagados por todos nós (ministros e demais académicos do ramo).
    Por certo, xa che acaban de dar unha pescozada dende Lima, imaxino que un futuro candidato ao Planeta: http://notasmoleskine.blogspot.com/2009/10/mas-situaciones-inesperadas-con-planeta.html

Comments are closed.