«É difícil que non haxa sangue na transición cubana»

Con motivo da recente publicación en castelán de Habana Flash, Alfonso Andrade entrevista o noso autor sobre a repercusión da novela cando a súa publicación en galego, hai xa once anos, así como sobre a súa opinión relativamente á coxuntura políticosocial cubana:

«[…] –¿Esa censura é o primeiro que lle ven á cabeza cando pensa na Habana?
-Si, e tamén a sensación de querer ser fada, ter unha variña máxica e deixar todo coma estaba antes do ano 59, cando aquilo era a Xerusalén do Caribe. Agora mesmo é todo un desastre.
-Cónteme unha imaxe de Cuba que leve gravada.
-A despedida dun galego ao que, cando marchei da Habana, pregunteille se tiña algunha mensaxe para os seus familiares en Galicia, e respondeume: «Dilles que estou ben, que teño comida». Pareceume tremendo.
-¿Cómo interpreta os cambios que se aveciñan na política da illa?
-A ver qué desculpa vaille quedar a Fidel se Estados Unidos levanta o bloqueo. Vai ser moi interesante. Sospeito que cambiará todo moitísimo.
-E, seguindo coa figura de Fidel , ¿diría vostede que estamos ante o exemplo do «Rei Lear»: ancianidade, tolemia e reparto do país entre os familiares?
-No pensamento dos que coñecen ben aquilo está a idea de que é difícil que non haxa sangue na transición cubana. No me atrevo a predicir o que vai pasar, pero non vai ser coma en España, porque en Miami, ao outro lado, hai xente que nunca enterrou o machado de guerra e que non esquece.»

Lea tamén: «Hai unha sensación de roubo na incautación da sede do Centro Galego, que tiña entón 65.000 socios».

Share