Habana Flash, disponíbel en castelán desde o 1 de abril

habana-flashc.jpg

La Habana Flash é un libro cualificado por uns como “politicamente incorrecto” e por outros (entre eles Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia na altura da publicación) como “politicamente inoportuno”. Texto dificilmente desapaixonado, pois Cuba sempre apaixona, coloca o propio autor como personaxe viaxeiro dunha ficción que é a realidade con nomes e circunstancias remexidos e trocados para evitar que o sistema “revolucionario” actuase contra os informadores. O autor-personaxe confesa unha vella necesidade, familiar, de ir procurar parte da historia propia na illa das consignas e o turismo, legal e inconfesable. Con Galicia (que non se entende sen Cuba e sen a Arxentina) ao fondo, un ollo agudo e unha prosa implacable presentan ao lector o que moitos viaxeiros coñecen e a maioría cala.

Ediciones Nowtilus ofrece na súa web, ademais dunha presentación moi completa, a lectura dun fragmento da obra, a portada e a folla promocional en castelán e inglés.

Share