En las catacumbas, segunda novela de la trilogía Evangélica memoria

en-las-catacumbas_capa.jpg
Nas catacumbas, segunda novela da triloxía Evanxélica memoria, ten un título elocuente: vai tratar dos tempos en que toda a España contraria ao franquismo viviu soterrada, oculta. A historia do protagonista, autobiógrafo, desenvólvese entre 1939 e 1950; pasa por un duro desterro a Cáceres e afúndese logo nunha vila das Mariñas coruñesas onde asasinan a quen se atreve a criticar os asasinos. Xavier Alcalá, “escribán” das testemuñas, marca un ritmo pousón en correspondencia co paso do tempo, lentísimo, para os “desafectos ao réxime”. A vida destes ten pouco valor para os vencedores; a sobrevivencia é todo un oficio para os vencidos, E, se os sobreviventes de esquerdas son acosados polos falanxistas, os evanxélicos aínda han sufrir o fogo cruzado de falanxistas e comunistas da guerrilla.

(Vexa a presentación en castelán)

Share