Alén da desventura publicada por Ediciones Ézaro en castelán

Al sur del mundo, versión en castelelán de Alén da desventura, é unha novela de aventuras, de homes enfrontados á guerra e ás crueldades da Natureza por terra e mar; de vontades de vivir con honra superando abraiantes dificultades. Tres relatores, un deles descoñecido, omnisciente, máis un frade misioneiro e un mariño inglés levan o lector do Ferrol dos estaleiros aos confíns do mundo, no Mar Austral. Obra galardoada co Premio Blanco-Amor, forma parte do ciclo arxentino de Xavier Alcalá, quen describe paisaxes da ría ferrolá, do Río da Prata, da Pampa, da Patagonia e da Terra do Lume coa precisión de que fixera gala en novelas anteriores e libros de viaxe. As tensións entre as potencias europeas do século XVIII e as ideas da Ilustración dan vida a personaxes coidadosamente axustados á súa época.

Share