A telefonía móbil e as novas leis de tráfico

A mensaxería co teléfono móbil comezou polo SMS, deseñado inicialmente para uso dos técnicos dos sistemas. Foi moi popular, mais ficou moi cedo eclipsada polo WhatsApp, servizo que usa as redes de telefonía celular para acceso á rede de redes, Internet.

WhatsApp funciona tamén accedendo a ela por wifi. Quen non dispón de uso de datos co seu fornecedor de servizo celular logo procura redes de área local accesibles.

WhatsApp enche a nosa vida, está sempre presente, mesmo cando imos aos mandos dun coche.

Segundo progresa a conectividade dos vehículos, aumentan as tentacións para o condutor. Iniciáronse coa telefonía e viñeron dar no que ofrece WhatsApp en formato textual, visual e audible.

A nova xeración de redes celulares -a 5G- recolle aínda máis posibilidades de axuda e lecer a bordo.

Isto fai que industrias moi dinámicas, como son as do automóbil e da telemática, comecen a pensar ata onde deben chegar os sistemas de asistencia á condución para superaren despistes do condutor.

No entanto, xorde unha tendencia na administración que vela pola seguridade viaria: ir cara atrás.
O WhatsApp está no punto de mira dos reguladores do tráfico.
E non van parar aí: tamén queren desterrar o teléfono sen mans.

Polo momento sálvanse a radio e a música, mais quizais non se salven os mapas de ruta interactivos.

[La Voz de Galicia, ]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*