Antonio Bernárdez Sobreira opina sobre The making of

The making of, de Xavier Alcalá (Editorial Galaxia)
The making of, de Xavier Alcalá (Editorial Galaxia)

Xavier Alcalá constrúe para min unha das mellores novelas en galego dos últimos anos. Cun ritmo narrativo trepidante conta a vida dun malandro galego na Arxentina, un amoral mentireiro, delincuente, proxeneta, trapichero, e que non obstante non impide sentir certa tenrura cara el, froito da mestría literaria do autor, un namorado (e gran coñecedor) da Patagonia como amosa con efectividade. The Making Of é ademais a novela dentro da novela, o proceso de construción dunha historia a partir da reconstrución detectivesca doutra. Fascinante, envolvente, irresistible, un non a lé, devóraa. Eis o valor engadido da vida dese home pequeno, fol de veleno, escrita con tal verosimilitude que un non sabe se está a asistir a unha historia real, porque o lumpen tamén ten dereito a ter a súa epopeia.” (Cf. Antonio Bernárdez Sobreira no FB)

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*