Fóra o ébano (A voapluma, Diario de Ferrol, 21/11/2001)

Recibo carta amable dun lector lonxincuo e crítico co impaís dos seus soños. Pregúntame un compañeiro de traballo, tamén lector matinal destas columniñas. Chámame un sistemático lector delas… Todos queren saber a miña opinión sobre o “non” da Real (de El-Rei) Academia Gallega (non Galega).
Pero como o doutor Galdo me recomendou non falar tanto do idioma, resumo: tratase de que o galeguiño morra como está, que na tal academia mesmo hai crego para lle botar o responso…
E paso a temas máis importantes, tratados en todas as linguas:
Seica xa non valen os anuncios de “Asombrosa negraza”, “Venus de puro ébano” etcétera. Agora nos clubs non queren as nixerianas, por negras. Por teren pel de carboeiro como dicía un vello emigrante a Cuba.
Hoxe mandan a “Galleguiña rubia” e a “Nórdica esplendorosa”. Volvemos a anos atrás, a aquel soño de campesiña para o señorito tuberculoso, ou ao do reprimido que na praia buscaba a sueca (substituída por escandinava falsa, eslava en todo caso).
Revisar as páxinas de anuncios inmencionables é unha rica diversión para os curiosos. E logo se verá cuns exemplos:
“Gorda, bajita, gafas, fea, pero limpia. Pago por sexo”.
“300.000 / mes por acompañar cincuentonas, sexo incluído”.
“Marido estéril. Busco donante anónimo. Gratificación 1 Millón”.
“Coja pero muy morbosa. Pequeña deformación pélvica. Pago yo”.
En fin: non sei como a xente pode ler nos xornais as pesadeces do fútbol e das academias habendo tanta novela entre liñas nesa sección de eternas ofertas e demandas.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 21/11/2001]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*