Presentación da ‘Evanxélica memoria’ na Feira do libro da Coruña

Testemuñas: Joy Ginnings e Manuel MolaresO próximo día 7 de agosto, ás 20:00 na Feira do Libro da Coruña, terá lugar a presentación da triloxía ‘Evanxélica memoria‘ (composta polas novelas Entre fronteiras, Nas catacumbas e Unha falsa luz) de Xavier Alcalá. O acto consistirá nunha conversa aberta entre o autor e o crítico Alfredo Ferreiro sobre aspectos nunca tocados da memoria histórica: a represión e o exilio dos disidentes relixiosos do nacional-catolicismo.

Estarán presentes no acto víctimas desa persecución sistemática, aínda dipostas a daren testemuño do sufrido nas súas “catacumbas”.
Este acto de presentación e lembranza está organizado pola Editorial Galaxia e será presidido polo seu director xeral, Víctor Freixanes.

Share