Robots agricultores

«Hai semanas tivo lugar en Bruxelas unha xuntanza de organismos rexionais europeos dedicados á innovación no eido da mecatrónica, combinación sinérxica da mecánica, a electrónica, a telemática e os sistemas de control.

Trátase dunha disciplina dirixida a optimizar procesos de manufactura automatizada e a crear produtos mecánicos intelixentes. Brillaron nas presentacións os vascos, dos que ben sabemos, e os flamengos, dos que pouco damos sabido: seis millóns de persoas, orgullosas de si -como demostran na defensa do seu idioma- e cunha grande sabedoría no eido das máquinas automóbiles.

O curioso da xuntanza parecía ser o lugar dela, con moito de inspirador, de incitador a deixar voar a mente cara a inventos inverosímiles: o museo da banda deseñada, no que reinan o Tintín e os seus compañeiros de aventuras. Alí, nunha sala á parte, xuntáronse os especialistas a discutir a idea europea de Manufuture, xogo de idioma con manufacture e future. […]» (Artigo completo en La Voz de Galicia)

Share