Científicos autistas

«Bruxelas, praza de Sablon. Con cervexa celébrase un triunfo: a subvención do Consello Europeo de Investigación a un proxecto «no límite do coñecemento» dunha universidade galega. A celebración leva a falar de docencia e investigación: seica o bo docente non precisa ser investigador senón explicador, motivador. ¿Cómpre facer a investigación na universidade, na empresa ou no centro de transferencia do coñecemento? Se cadra, os investigadores deberían saír do circuíto do ensino e só algún, dotado especialmente para ensinar, podería optar temporalmente polas aulas.
Resulta claro o que paira no ambiente da capital da Unión: ou se descobre, se inventa e se aplica o inventado, ou se languidece e se desaparece do mapa. ¿E que ministerio deberá ocuparse da descuberta do ignoto e da aplicación do xa descuberto? […]» (Artigo completo en La Voz de Galicia)

Share