Calés e estranxeiros

«George Borrow é o autor de The Bible in Spain , libro de grande interese para coñecermos a historia de España. Nel conta as súas andanzas por un país horrendamente atrasado e sometido ao peor dos Borbóns, Fernando VII. Entre outras curiosidades, Borrow deixa ver trazos da vida dos xitanos cos que conviviu, seres desprezados e maltratados, á marxe dos distintos pobos do reino. Ninguén quería os amigos de «don Jorgito el inglés», evanxélico que escribiu partes do Novo Testamento en caló, lingua xeral dos calés naquel tempo, necesitados de intérpretes para o castelán.
Cento cincuenta anos despois oíase dicir aos paisanos galegos que os xitanos eran moi listos porque sabían falar castelán: seica os errantes foran chegando a Galicia coa fala superior aprendida. Mais, aínda así, ninguén quería trato con eles.
Hoxe os calés teñen apenas un acento peculiar e conservan algunha palabra propia; mesmo faltos de escola, saben expresarse con claridade na lingua franca de España. Daquela, pódeselles dicir sen medo a non o entenderen que as sociedades modernas funcionan sobre conceptos básicos coma o da identidade persoal, a instrución, a preparación para o traballo, o traballo, o domicilio, o rexistro de propiedades, o pago de impostos, o respecto ás leis que se fan nos Parlamentos… […]» (Artigo completo en La Voz de Galicia)

Share