Propostas (A voapluma, Diario de Ferrol, 04/10/2001)

<

p align=”justify”>Acuso recibo de documentos que me envía o Partido Popular: 1000 propostas para o futuro de Galicia e mais o seu libro branco da Sociedade da Información. Gracias.
Á vista de quen non pode entender de todo, os libriños recibidos son reflexo dun partido rexionalista con experiencia na administración e con bos cadros técnicos de apoio. Dito o cal, e como fixen co programa electoral do Bloque Nacionalista Galego, vou tocar nos puntos programáticos do PP que máis me interesan:
A formación fundamental da xente débese apoiar nas linguaxes, tanto humanas como matemáticas. O resto é formar tatexos.
Así, tocante ao idioma, nas 1000 propostas detecto fallos que eu resolvería da seguinte maneira:
Planificación clara para que os rapaces atinxan na fin do bacharelato un dominio por igual –en todos os campos semánticos– do galego e do castelán. E valentía dabondo para enfrontar o inexorable: a aprendizaxe do portugués, idioma ao que non vai renunciar a futura capital da Gallaecia reconstruída.
No aspecto da educación xeral, tampouco vexo como se vai asegurar que os bachareis aprendan Matemáticas e Física, bases dos coñecementos en que se sustenta a sociedade tecnificada que o PP propugna.
Finalmente, confúndeme a referencia a “500 millóns (sic) de hispanoparlantes” sobre a capacidade de Galicia para producir contidos multimediáticos.
E faltan propostas sinxelas e efectivas coma a de divulgar o tratamento de textos e a “navegación” pola interrede –cando só dese xeito se pode evitar o neo-analfabetismo.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 04/10/2001]

Share

Deixar unha resposta