Nova entrevista en Luces – El País

«Nin unha lexión de escritores daría contado a aventura da emigración

Unha falsa luz pecha catro anos de traballo coa materia narrativa dos protestantes galegos. “É unha historia de disidentes”, remarca. 1.300 páxinas despois, Alcalá descansará. Despois virá, “quizais”, unha nova versión de Tertulia. […]» (Lea a entrevista completa de Óscar Iglesias a Xavier Alcalá en El País)

Share

2 Comments

  1. marcel swann

    Sobre a nova novela que proxecta, vexo algunhas boas ideas:
    – Ciencia ficción? Ucronía? Xéneros inusuais na literatura en galego. Que será de Gali[ci|z]a dentro de 30 anos? Que foi dos rapazolos (ou dos seus fillos) de “A Nosa Cinza”, “Fábula”, “Tertúlia” e “O Larvisión”?
    – O plaxio (e non só o literario). Recordo o excelente filme de Orson Wells, “Vérités et mensonges” sobre o tema.
    – Comedia dos disparates que vostede menciona. Hai que rachar a pana. Política cultural galega incluída?

  2. Intresante comentario de Marcel Swann. Se a saúde aguantar e alá chegarmos, o que teño na cabeza vai dar gusto a moitos dos que non queren seguir carreiros marcados para a ortodoxia e a corrección político-social. Canto aos adolescentes de “A nosa cinza” e ás mulleres e aos homes xa mozos vigorosos de “Fábula”, “Tertúlia” e “O Larvisión”, que van aparecer na nova novela, direi que teñen idade para seren avós pero ven como os fillos, que teñen idade para seren pais, aínda andan na verza, entre o nihilismo e o egoísmo total, moi onánicos e ONGéicos. Ou sexa, que o Impaís Levitante dentro de 30 anos xa se terá desprendido de todo da Terra. Non existirá.

Comments are closed.