Televisión por Internet

«A idea de transmitir imaxes a distancia ten máis de cen anos, e xa ben entrado o século XX concibíronse a televisión e a radiovisión. A primeira serviría para transmitir por cabo pezas de teatro ou concertos a grandes salas, coma as do cinema, lonxe de onde se estaba a producir o acontecemento. A segunda pensouse como acompañamento á radio por antonomasia, para animar o que importaba de verdade: o son. Este novo servizo había chegar polo aire aos aparellos domésticos.
A televisión segundo se coñeceu no seu día (en Galicia na década dos sesenta) veu vía radio; despois (con moito atraso en toda España, na fin do século) chegou por cabo. Mais xa desde a década dos oitenta se viña probando a dixitalizar imaxe e son televisivos e a mandar esa información dividida en paquetes ?-datagramas- pola interrede global, a Internet. […]» (Artigo completo en La Voz de Galicia)

Share