Galicia monolingüe

«Galicia era un país monolingüe, que exportaba idioma. A moitos portugueses cústalles admitir que o galego foi imposto a punta de espada alén de Coimbra, cara ao sur. E moitísimos castelán-falantes en España admiten con dificultade que a lingua da poesía fose nas súas terras o galego. Finalmente, hai demasiados habitantes de Galicia (galegos e non galegos) que coidan que o castelán xurdiu aquén da Pedrafita de xeito espontáneo.
Pois seica non foi así. En Galicia o castelán fíxose presente a forza de escribáns e cregos, nobres foráneos e bispos da Castela. Despois veu a escola e, por fin, os medios de comunicación axudaron a que se consolidase a situación na cal o castelán é o que importa aprender e o galego o que tanto ten esquecer. […]» (Artigo completo en La Voz de Galicia)

Share