Soia (A voapluma, Diario de Ferrol, 06/07/2001)

<

p align=”justify”>Corrientes conserva pouco da antigüidade. Unha igrexa chama a atención a pregoar milagre: cando un infiel ía atacar con lume a cruz dos españois, actuaron os ceos. Non deu prendido o facho …
Na segunda sesión de Literatura y Comunicación, a falar de “Cultura, comunicación social e elitismo”, Antonio Cáceres asegura que el non escribe para os demais; que todo escritor é culto; que, na cultura popular sempre hai un pobo e un autor singular que recolle as características do seu mundo. Advirte contra a tendencia de “vulgarizar para divulgar”.
Sibila Camps, xornalista de Clarín, compara a desventura dos suplementos literarios dos xornais coa aventura do noticiario cotián sobre feitos culturais. Os medios de comunicación social –di– non fan máis cultura por non loitaren contra a corrente.
A verba da Sibila é incisiva. Do público recibe a pregunta: ¿algunha vez viu a vida ameazada?
Viu. Tivo ameazas dun club de fans de Raphael
Mate e parola no descanso. José Gabriel Ceballos, narrador, avogado e “productor agrícola” recibiu o premio literario mellor retribuído de España: 1 millón de pesetas por quince follas.
Falamos de soia: el vai plantando cincocentas hectáreas de soia “ecolóxica”, certificada por xaponeses. Tamén planta piñeiros, en terras que foron de pasto e arroz. Unha empresa chilena quere facer “fibra longa”.
Ten que xogar limpo. Non debe botar fertilizantes nin insecticidas. Non pode permitir que os lumes arrasen as plantacións.
Todas as súas terras están vixiadas polo ollo agudo dos satélites.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 06/07/2001]

Share

Deixar unha resposta