Unha falsa luz, en breve na rúa

unha-falsa-luz_capa-dianteira.jpg

Share

3 Comments

  1. Un lector

    Ola,
    hoxe batín, de casualidade, co seu blogue. É vostede dos poucos escritores galegos que ten un, aínda que penso que o debería promocionar máis.

    Son lector das súas novelas, e acábome de enteirar da próxima publicación de “Unha falsa luz”, que lerei con atención.

    Hai anos puxérame en contacto internáutico con vostede para “reclamarlle” que escribira unha novela de formación, na que falase da súa xeración e os seus mestres, unha especie de continuación de “A nosa cinza”, con algúns dos elementos que se poden encontrar tanto en “Tertúlia” coma nalgúns dos seus contos (nomeadamente “O larvisión”). Unha novela ambiciosa, desfacedora de mitos, con múltiples voces. En suma, ir máis aló aínda de Blanco-Amor en “Xente ao lonxe” ou mesmo do Balzac en “Les illusions perdues”.

    En fin, xa sei que son ganas de amolar. Vostede está a presentar a terceira parte da triloxía e un escuro lector andalle a pedir que escriba a novela que a el lle gustaría ler.

  2. Respondo, ao tempo, a dous comentarios e pido desculpas por non o ter feito antes.
    Unha falsa luz xa está en distribución. A súa primeira presentación será en Bruxelas o día 27 de novembro; e a segunda, na Coruña, na FNAC, o 11 de decembro. Faremos presentación, en paralelo, do sitio da web onde atopastes a información sobre este novo libro…
    Canto á novela que vos debo a todos os que credes que o retrato da miña xeración ficou incompleto logo de A nosa cinza, non desesperedes porque é algo que non se afasta de min. Xa sei que vou deixando anacos de vida en Tertúlia, Código Morse e algún conto. Pero non abandono a idea dun romance maior, no que mesmo inclúa algo do que foron a vida e desditas do meu amigo Andrés do Barro, hoxe tan na órbita da xente nova. Moi agradecido pola vosa atención.

Comments are closed.