O faro do adeus

«A denominación da Torre de Hércules como «faro da humanidade» seica soou a esaxeración nalgúns oídos. Mais non sería esaxerado chamarlle «faro de moita humanidade» pois innumerables foron os europeos que ao longo dos séculos pasaron por diante del véndoo coma derradeiro fito do continente que deixaban.

A Coruña está nas rutas que parten da Europa setentrional cara aos grandes portos da emigración ás Américas: Nova York, La Habana, La Guaira, Río de Xaneiro, Montevideo e Bos Aires. Por fronte da Torre coruñesa baleirouse un mundo de nacións que deron vida a outras…

Á beiramar da provincia de Bos Aires está Orense. Polo areal longo do seu «balneario», sobre o bater das ondas, resoa a historia do emigrante que deu nome a eses pagos. Chamábase Ramón Santamarina Valcárcel, chegou ao Río da Prata sen nada e, co paso dos anos e o avance da civilización cara ao sur, converteríase en magnate capaz de colocar presidentes da República Arxentina.» (Ver noticia completa en La Voz de Galicia)

Share