Quintomundismo (A voapluma, Diario de Ferrol, 14/06/2001)

Contei onte que meu sogro, Frank Baillie, saíra para o País sen Retorno; pero non puiden contar, por aínda non sabelo, que o seu acto literario derradeiro fora o mandarme unha mensaxe polo correo electrónico.
Logo de eu enviar a anterior crónica ao xornal, o programa de correo recolleu as mensaxes entrantes e entre elas atopei unha datada un par de horas antes de que o vello benquerido partise. Titulábaa “Viaxes ao limbo” e dá un microrretrato da situación arxentina do momento.
Comeza preguntándome en que compañía vou voar cara alá na fin de xuño. “Iberia? Aerolíneas? To fly or not to fly…”
Segue describindo os seus arranxos para vir a Galicia en agosto, con liñas portuguesas e brasileiras entre Buenos Aires e Porto.
E explica: “A palabra Iberia estase convertendo aquí en anatemática, con seis mil empregados de Aerolíneas listos para estouraren. Anoite houbo cincocentos deles a pasear polas pistas do Aeroparque e vintecinco avións tiveron que ser desviados para evitar un desastre. Pensa en que voas porque te podes meter nunha desas complicacións noveleiras que tanto che gustan”.
O Frank, que tantas me contou, tíñame collida a medida…
A nota, que conservarei mentres alente, trae humorada final. Fala do “turco” (Ménem) metido na “cama, perdón, cana (cadea) collidiño da man da Bolocco, a sufrir na quinta de luxo do seu amigo Gostanian (da mafia armenia), que a se ver como a compraría. Pero, en fin, ¿qué podes esperar dun país quintomundista?”
Nada, vello, ti e eu, nada. Pero a túa bisneta Irene

[Diario de Ferrol, A voapluma, 14/06/2001]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*