Eventos do mes de outubro

O mes de outubro revélase dedicado á incursión no diálogo público. Estas son as próximas actividades literario-culturais:
-O día 18, na escola de Enxeñeiros Industriais de Ferrol, ás 19:00 horas ofrecerei unha conferencia sobre “As linguas da enxeñería: a multiglosia consciente”.
-O día 19 intervirei na Galeguía cos escritores caboverdianos.
-O día 24, na facultade de Filoloxía da Coruña, ás 13:00 horas, darei unha conferencia sobre “Novelas e Historia: o caso dunha triloxía histórica”.
-O día 31, na Universidade de Salamanca (Aula Miguel de Unamuno – Edificio Histórico) ás 17:00 horas, conferenciarei baixo o título “Evangélica memoria. Tres novelas sobre la persecución de los evangélicos en Galicia”.

Share