O derradeiro (A voapluma, Diario de Ferrol, 27/05/2001)

<

p align=”justify”>Con permiso do señor director, vou dicir o nome da empresa, que é das que non fan publicidade: Facet Ibérica.
Veño de estar nela, de falar con quen nela manda, Camilo Vázquez, amigo de vello —e, como todos os da miña quinta, preocupado polo que fan os rapaces.
Tratando asunto telemáticos, logo sae á conversa unha filla do Camilo, estudiante na facultade en que eu me empeño para que a xente moza aprenda mesmo o que non lle ensinaron no bacharelato.
Axiña estamos tratando das reválidas, que arestora tanto asustan o persoal, cando nos nosos tempos se tomaban como o que eran: demostración de saber.
Nas reválidas triunfábase ou sucumbíase, como nas oposicións. Tiñan moito de cruel para o individuo pero de beneficioso para a sociedade, polo principio de selección que, ao seu xeito, xa defendeu Darwin
Camilo tivo unha reválida máis ca min. Ao estudiar nunha universidade privada, en Pamplona, en Deusto estábano a esperar para que xustificase o aprendido. Toda a carreira íalle ser xulgada en exames escritos e orais.
O derradeiro era oral. E o derradeiro alumno en pasar a exame, o Camilo, por culpa do “V” de Vázquez.
Cando se enfrontou ao tribunal, atopou un só catedrático á súa espera, que lle dixo: “Este é o derradeiro acto profesional da miña vida, xa que mañá me xubilo. Polo tanto, non lle teño présa”.
Dúas horas e media loitou o Camiliño cunhas terribles ecuacións diferenciais do fluxo en conductos.
E o catedrático despediuse nobremente: con cualificación de “notable” ao derradeiro examinando da súa vida.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 27/05/2001]

Share

Deixar unha resposta