Prius (A voapluma, Diario de Ferrol, 24/05/2001)

<

p align=”justify”>Fun escoitar a exposición do Filippo Capadona sobre deseño e innovación na famosa Pininfarina. Entre os múltiples modelos de automóbil que presentou estaba un híbrido cun motor térmico acoplado ás rodas dianteiras e outro eléctrico conectable ás traseiras.
Logo de oílo, lembro non só o desastre do Urquiola, senón, tamén o do Aegean Sea, gracias ao cal contemplei un espectáculo infernal. De noite aínda, vin como as ondas do mar furioso facían gabear o lume polo promontorio da Torre de Hércules, que de tan sinistra maneira se iluminaba…
Algo cómpre facer para que o negocio do petróleo non sexa tan perentorio; para que non se repitan ata o infinito os accidentes dos petroleiros. Se cadra, hai que gastar menos en combustibles de automoción.
Iso sería un alivio para o mundo enteiro. Pero vemos que aquí non se acaba de mover peza e que vai ter que ser o estado de California –con sol e pozos de ouro negro– o que mande impor os coches híbridos, para que os demais copiemos.
Non sabemos que híbrido vai triunfar na carreira da comercialización, pero xa se pode montar, por exemplo, no Prius, de nome tan raro coma o de moitos coches de orixe xaponesa.
Eu probeino, e comprobei a suavidade de cambio dunha motorización á outra. Non me gustou o prezo, nin o gasto en gasolina.
Con ese prezo e tantos “litros aos cen” non se xustifica o investimento.
O que parece estraño é que, para a mesma potencia térmica, o Prius non leve un motor de ciclo Diesel, de moito menor gasto en litros, e en euros.
Esperemos resposta europea.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 24/05/2001]

Share

Deixar unha resposta