Bill (A voapluma, Diario de Ferrol, 22/05/2001)

<

p align=”justify”>Para a xente que fala inglés naturalmente, Bill, ten un dobre significado: é un dos diminutivos de William pero tamén significa conta ou cargo. Ou sexa: quen oe a palabra pode asociala cunha persoa ou cun papel, o que presentan en calquera sitio para ser trocado por diñeiro…
O asunto é que os ianquis son o demo maior, unha sociedade montada sobre o show que as nosas sociedades televisionizadas, viciosas de televisión, tentan imitar ultimamente.
Na indecencia puritana dos americanos do norte (enténdase: do Imperio Verdadeiro) pódese chegar aos extremos de se saberen en público as miserias privadas e sexuais dun presidente de estado presidencialista, teoricamente o home máis poderoso do mundo.
O que entre xente coma nós non pasaría de disques e seiques, faladurías, alá convértese en caras longas e falsas, peticións de desculpas en público, investigacións sobre quen mentiu ou deixou de mentir, como se a mentira fose pecado maior có da morbosidade dos que gozan con descubriren o inconfesable.
En fin: agora anda por aquí o Bill a recadar cartos (case vinte quilos por sesión, que manda truco) para pagar as contas dos xuízos por culpa da súa relación privada cunha gordencha caradura que exhibe sorriso de celebrity na boquiña pecadenta.
E cómpre preguntarse que diaño lles conta o ex aos magnates que o van escoitar a tan alto prezo; ou se o escoitan por morbo, mentres imaxinan o ridículo do que lle facía a Lewinsky no sancta santorum da Casa Branca…
Nunca na Historia tan caro debeu saír un “choio de soprar”.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 22/05/2001]

Share

Deixar unha resposta