Reduccionismo (A voapluma, Diario de Ferrol, 14/04/2001)

Hai días dous amigos meus de vello, Pilar García Negro e Homero Pérez Quintana, andaron á greña por culpa de don Camilo. Daquela Beatriz Pallas, de La Voz de Galicia, fíxome preguntas a cerca de quen é ou non é escritor galego; e derivei a conversa polos camiños da novela que merece o tándem Cela-Castaño. A rapaza non reproduciu nada do que lle dixen, para ben da Humanidade.
Pero si publicou o que lle dixo, entre outros, Susana Fortes, debutante desa xeración das que teñen “una abueliña que me contaba cuentos”. Dicía a Susana que un escribe no idioma en que máis le.
No mesmo xornal, César Casal cualificaba a don Camilo de putching-ball (que sería punching-ball, ¿non?, de to punch: dar piñas) e falaba de “reduccionismo cateto” en referencia aos “envexosos” que coidamos que ser escritor de determinado país ou pobo é algo como o definido por Carlos G. Roy na edición de El Mundo da mesma xornada…
En fin, vaiamos por partes, e perdón polas referencias:
O idioma en que máis leo é o inglés, pero é no que menos escribo.
Os meus paisanos de orixe celebran que a proclame, lévanme a botar discursos e fanme agasallos. Pero nos xornais da Mancha aparezo de “escritor gallego”. Os arxentinos métenme en encontros universitarios de narradores por certas razóns (Nos pagos de Huinca Loo, Latitude Austral, Viaxes no País de Elal, Hotel Damasco, Arxentina, Bonchul…) como “autor español”.
Comparar a Galicia de Cela coas de Valle ou de Torrente é cegueira.
E mira, César: eu quixera imitar a Eça e a Orwell (ningún deles, Nobel).

[Diario de Ferrol, A voapluma, 14/04/2001]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*