Don Heribert (A voapluma, Diario de Ferrol, 07/03/2001)

Isto que chamamos España, que todos intuímos e que só uns poucos entendían como “unidade de destino no universal” anda medio á toa, entregado a demagogos, distorsionadores, hipócritas e fariseos.
Aínda non deixaron de correr os ríos de baba velenosa contra un velliño consecuente que se chama Heribert Barrera, quen —con mellor ou peor fortuna— avisa do que comprende calquera que teña viaxado e visto fenómenos de acomodación de emigrantes polo mundo.
Don Heribert tal vez andase polo Quebec e observase o que alí acontecía ata que as cousas se puxeron serias:
Os quebecois vían como os inmigrantes, postos a escoller, elixían para os fillos escola en inglés, a dos quebeckers, dos ianquis e do resto dos canadenses, simplemente porque o inglés é o idioma do poder absoluto.
Con iso mandábase ao lixo toda unha cultura —que ten como respaldo nada menos que a lingua en que se escribiron as primeiras enciclopedias…
Agora imaxine o lector con capacidade lóxica o que vai acontecer nas comunidades españolas con linguas patrimoniais diferentes do castelán, tendo en conta que a Constitución non obriga a aprendelas.
Siga a imaxinar e dígalles o que acontecería en Madrid se o castelán non fose lingua constitucionalmente obrigatoria e os estudios —todos— se puidesen facer só en inglés:
Os primeiros en desertaren serían os pijos de Serrano, que xa enchen o seu linguaxar de infinitos termos británicos.
Nunha xeración, a xente lería antes a Shakespeare (en orixinal) que a Cervantes (traducido ao inglés).
¿Ou logo non?

[Diario de Ferrol, A voapluma, 07/03/2001]

Share

Deixar unha resposta