Os do Leste (A voapluma, Diario de Ferrol, 24/02/2001)

Nun tempo de miseria absoluta, alá polo reinado de Fernando VII, militares que non recibían paga lanzáronse ao desesperado oficio de ladróns. Eran homes con batallas de mar e terra ás costas, aguerridos, e cesantes porque o seu oficio era guerrear e non podían exercelo nin llelo habían remunerar.
Preparados coma ninguén para o asalto, converteron a España negra da volta da Inquisición nun país de camiños intransitables e casas protexidas con troneiras e trabucos.
Eles eran os asaltantes ou os xefes das gavelas de ladróns…
O fenómeno non é exclusivo de España. Todos os países desgraciados por guerras e que non manteñen debidamente as súas forzas armadas están expostos a esa forma de crime. Canto máis se a estructura do país desaparece, se o estado se eslúe e os que manexaban fusís e bombas se ven man sobre man.
Pero ata agora, alomenos na Europa das fronteiras, a conversión de militares en ladróns violentos acontecía no propio país. Non se manifestaba moi lonxe no continente.
Hoxe, sen embargo, guerreiros ociosos do Leste chegan ata a Fisterra coas súas técnicas: observan, esculcan, certifícanse da indefensión das propiedades, comproban as debilidades da lei e actúan.
Non fai falta ser policía senón viaxado polo mundo para distinguir eses malfeitores: a traza racial márcaos; e a fala denúnciaos.
Pero seica non se poden encerrar nin expulsar, como se pretende cos que veñen á procura de traballo. Mesmo, se os cachan, declaran e saen para a rúa.
Evidentemente -alén de sen protección- estamos tolos.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 24/02/2001]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*