As furnas (A voapluma, Diario de Ferrol, 01/02/2001)

Tiña intención de responder as tres cartas que xurdiron como consecuencia dunha conversa coa María Ares de Diario de Ferrol pero o apagón da Coruña cortoume a inspiración. A escuridade, e a tolería da Irene, a quen tiña no colo interesadísima en arrincarme os pelos da barba, leváronme as mentes ao debate do Hórreo.
Como sempre, e vía a Radio Galega, en momentos de viaxe escoitara discursos. E coincidírame oír principalmente a Xosé Manuel Beiras e a Xaime Pita.
Vaia por diante que non teño intención de envergoñamento público, senón de corrección fraterna; e non dirixida só ao señor Pita senón aos usuarios do galego en modo diglósico; ou sexa: dependendo da ocasión.
Ao Xosé Manuel, a quen coñezo de sempre (era o veciño de abaixo de don Ramón e o xenro de don Domingo), concédolle unha alta cualificación no uso do galego, con consciencia de irmandade galaico-portuguesa e referencias a outras linguas.
De Xaime non podo dicir o mesmo en canto a relación persoal e crédito lingüístico –polo que me sorprendeu a súa ousadía: nun momento do seu discurso falou de algo así como “galego galaico-duriense de laboratorio” enfrontado á versión enxebre da lingua.
E coido que lle conviría repasar o Evanxeo, importante exercicio para todos nós. En concreto, a pasaxe do lixo no ollo alleo e a viga no propio:
Alén dos múltiples castelanismos que usou (“todavía”, “hacia”, “vamos a facer”…), falou das “furnas”, en referencia ás “urnas”:
Ese hiperenxebrismo nunca sairía da fala popular, conservadora do espírito da lingua.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 01/02/2001]

Share

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*