Cheiros televisivos e realidade aumentada

<

p align=”justify”>A TVG naceu marcada polo cheiro fedorento dunha granxa de porcos veciña, tanto que o lugar onde se construíu o edificio principal da televisión era chamado San Marcos de Porcostela. Ao pouco de funcionar, houbo unha xuntanza de directivos (coas fiestras pechadas) na que se discutiu como acabar co problema.

<

p align=”justify”>O director xeral de Medios de Comunicación da Xunta, Tomás Fernández, era partidario de comprar a granxa (para pechala) polos 18 millóns de pesetas que esixía o seu dono. Daquela, no medio da discusión, o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro, sorprendeu os presentes cunha pregunta: «Señor director técnico, ¿canto tempo calcula vostede que vaian tardar os cheiros en saír polos televisores?».

<

p align=”justify”> é sabido en medios próximos á Televisión de Galicia, esa granxa porcina nunca se comprou. Os anos pasaron e aquel director técnico foi profesor de Fundamentos Tecnolóxicos dos Multimedia na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. Recentemente atopou polo Impaís un exalumno desa facultade que investiga os multimedia nos Estados Unidos. Trabaron conversa sobre o último que se está a investigar de realidade aumentada, mesmo con cheiros. Seica, polo momento, os sentidos da vista e o oído van seguir primando nese eido. «E aínda ben -comentou o investigador emigrado-, porque o cheirume de tanta corrupción no mundo faríanos vomitar».

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 12/04/2017.]

Share

Deixar unha resposta