Na ponte de Westminster

<

p align=”justify”>Londres, 1 de decembro do 2016. Día de sol e nubes que convidaba a pasear pola beira do Támesis. Dous galegos, un visitante e un residente na capital do maior imperio que o mundo coñeceu, deron en filosofar camiñando. Do que hoxe ocorre, ¿canto é consecuencia do que os europeos fixeron mal pola teima de construíren nacións-estado e dotárenas de colonias?

<

p align=”justify”>Cruzando a ponte de Westminster, centos de persoas facían autofotos co Parlamento ás costas. Escoitando ducias de idiomas dos turistas, o emigrado galego chegou a dicir: «Isto é o mundo enteiro». Londres é un resumo do mundo. Niso estiveron de acordo os paseantes; como tamén en que, como alguén quixese facer unha falcatruada, a ponte era un sitio ideal.

<

p align=”justify”>A razón do paseo era falar da revista Brit Es, que ao día seguinte se presentaba na embaixada de España. Daquela ningún dos paseantes puido imaxinar que un día antes de iren presentala na Coruña verían cumprido o seu temor; mais, de novo a falar desa revista de expatriados españois na Gran Bretaña, escoitaron a noticia: mortos e feridos, sospeitas dun «heroe do odio colonial» en Westminster.

<

p align=”justify”>¿Por que non se dá esa xenreira entre pobos colonizados polos reinos ibéricos? ¿Por que tan triste heroicidade se multiplica entre quen practica unha relixión peculiar? ¿A quen aproveita a indefensión da xente en Europa? Seica as policías británicas unen forzas para investigaren o atentado; mais deberían ser os parlamentos quen investigasen as orixes de tanto odio e visen como lexislar para evitalo.

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 27/03/2017.]

Share

Deixar unha resposta