Contos de agardar, unha colección de relatos policiais

port-irene-e-a-poli.jpg«Nas vindeiras festas dos patróns do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, os días 2 e 12 de outubro, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística fará entrega, a todas as persoas presentes nos actos oficiais, dos once relatos policiais que integran a colección Contos de Agardar.

Esta colección forma parte da campaña emprendida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística En galego, con toda seguridade, que pretende galeguizar progresivamente ao sector dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia, mediante un convenio de colaboración, as actuacións desta entidade. Contos de agardar é unha colección de relatos breves -de temática policial- feitos por escritores galegos da que se van distribuír 60.000 exemplares de forma gratuíta nas comisarías e no resto de dependencias das forzas de Seguridade ubicadas en Galicia (oficinas do DNI, cuarteis da Garda Civil, etc.). Son 11 relatos diferentes feitos especificamente para esta colección por Rosa Aneiros, Xavier Alcalá, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, Navia Franco, Salvador García Bolaño, Carlos G. Reigosa, Xosé Neira Vilas, Antón Riveiro Coello, Helena Villar e o propio xefe superior do Corpo Nacional de Policía en Galicia, Luís García Mañá.[…]» (Ver noticia completa en La Voz de Galicia)

Share