En Betanzos (A voapluma, Diario de Ferrol, 06/11/2000)

En día desapracible, se cadra de sarabia e neve por cima da Costa do Sal, dous visitantes ilustres percorreron Betanzos dos Cabaleiros. Ricardo Lafferriere e a súa señora, dona Esmeralda foran recibidos polo alcalde Lagares da vella capital de Galicia.
Lafferriere viña de intervir como embaixador da República Arxentina no ciclo de conferencias “Galicia, portal de América” que organiza o Instituto de Estudios Políticos e Sociais…
Recollidos con eles nun restaurante que parece lacoruñesista polo nome e a contradicción lingüística, estivo un grupo de persoas vencelladas co seu país, único no mundo que ten terras por cima do Trópico e sobre o xeo chega mesmo ao Pólo.
Falouse de todo, desde a perviviencia do castelán máis rancio na fala crioula ata os encontros pratenses entre galegos, pasando por descricións da Patagonia que parecen propias de Il Milione, O libro das marabillas de Marco Polo.
Unha Galicia a cabalo de dúas realidades culturais, baseadas na fala patrimonial galaico-portuguesa, e na imposta, castelá, xurdiron diante do político-diplomático e da súa dama, que intervén con devezo polo saber.
Xente culta, disposta a demostrar que a Arxentina é cultura -moitas culturas, as de “Buenos Aires y el país”-, anda en empeños que Galicia xa recolleu por paradores, pazos e casas fidalgas.
Arxentina é unha inmensidade de estancias onde gozar a vida, con todos os climas; e cunha cordialidade inesgotable de “paisanos”.
Algo que o mundo enteiro debe visitar; e que o matrimonio Lafferriere sabe vender.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 06/11/2000]

Share

Deixar unha resposta