Novas páxinas de referencia

Desde hoxe comezarei a publicar as anotacións en galego na miña nova páxina xavieralcala.gal, e seguirei coas anotacións en castelán en xavieralcala.com. Pola súa parte, as intervencións en portugués poden seguirse directamente na revista galega Palavra Comum e as escritas en inglés na hispano-inglesa Brit Es Magazine.

Debo agradecer, agora e sempre, o servizo desinteresado que a comunidade Blogaliza, comandada por Pedro Silva e durante moitos anos apoiada por Tati Mancebo e Alfredo Ferreiro, teña ofrecido aos escritores galegos. Nunca será debidamente recoñecido o labor dos que, sen pretensións de notoriedade, entregan parte da súa vida ás melloras do común polo simple feito de percibiren esa necesidade colectiva.

Comezou un novo ano e, a pesar dos ventos adversos á nosa milenaria cultura, o traballo debe continuar e certas melloras son imprescindibles para o progreso. Nunca lamentaremos os esforzo que supón esta adaptación, só as molestias que podamos ocasionar a aquelas persoas que nos aprecian.

Para todas unha aperta fraterna do

Xavier Alcalá

Share

Deixar unha resposta