A heterodoxia de Laxe

Hai uns días clausurábanse as Xornadas de Xerencia Universitaria de España. Alí, o profesor Fernando González Laxe pronunciou un discurso heterodoxo sobre a Economía no ensino superior. Desenvolveuno con diapositivas (algunha esmagadora, coma a da dificultade para facer empresa nas comunidades españolas) e navegou por mares econométricos case ignotos. Na tese de González Laxe, a clave non é formar rapaces para que, cun coñecemento e un título, se defendan pola vida. Cómpre crear territorios con marca de alto coñecemento. Os seus datos sobre a onde van os emigrantes con formación foron ilustradores do que dicía: os universitarios desprázanse a zonas de intelecto produtivo. No cume da heterodoxia apareceu unha idea que pon contra a parede os ministros ortodoxos: o PIB non é o que define o valor dun país. Éo un coñecemento que xere vontade de facer país e atraia máis coñecemento.

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 11/10/2015.]

Share