Arxentina sen carne

Arxentina é o maior exportador de carne do mundo. Iso vén dos tempos de Perón, Evita, Franco e dona Carmen. Mais en 2015 Arxentina só chega ao cuarto posto na exportación desde Iberoamérica, tras de Brasil, Uruguai e Paraguai. O campión mundial é a India. Na Arxentina hoxe falta carne por culpa de Perón, Evita, Cristina e Moreno. Ou sexa, polo villamiserismo que frea a prosperidade da república pródiga. Para que non faltase carne de vacún ao pobo, o ministro Moreno impuxo o peche das exportacións. Xente do sector razooulle que, canto máis bife exquisito se exportase, máis restos de res ficarían no mercado arxentino e, xa que logo, máis baratos. Moreno non quixo entender. Polo seu ministerio escoitouse que non ía admitir receitas de oligarcas crioulos nin de gringos e gayegos colonialistas. Agora Moreno come a carne que lle peta en Roma, lugar do seu exilio; e a xente cóllelle gusto ao peixe.

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 24/05/2015]

Share