Preguntas aos candidatos (A voo de tecla, 11/10/2012)

Velaí 20 preguntas ao chou para candidatos a presidir a Xunta de Galicia:
1. Vostede fala, le e escribe ¿galego (non castrapo)?, ¿portugués?, ¿inglés?
2. ¿Cantos libros en galego le ao ano? ¿Quen é o autor de ‘Galván en Saor’?
3. ¿Está ben escrito Rajoy? ¿Como se debe pronunciar: Rakhoi ou Rashoi?
4. ¿Que idioma ten máis falantes no mundo: o galaico-portugués, o ruso ou o xaponés?
5. ¿Cantos socios tiña o Centro Galego da Habana cando o confiscaron os Castro?
6. ¿Cal foi o centro galego máis austral do mundo? ¿Quen o fundou?
7. ¿Onde está Aldea Beleiro? ¿Por que se chama así?
8. ¿Cantos funcionarios galegos da Comisión Europea coñece persoalmente?
9. ¿De onde son naturais Beatriz Yordi, Ernesto Penas e Xosé Manuel Silva?
10. ¿Pode definir I+i+i’? ¿Onde está a Dirección Xeral de I+i da CE?
11. ¿Que significan 7FP e Horizon 2020? ¿E Ageing Well? ¿E Actively Ageing?
12. ¿Por que Galicia é “rexión de referencia” para a CE en saúde pública?
13. ¿Que son os biocombustibles? ¿Por que Galicia é unha potencia mundial nese eido?
14. Para cultivos enerxéticos, ¿que é máis rendible, a costa ou o monte?
15. ¿Canto diñeiro se queima ao ano no negocio de apagar lumes?
16. ¿Por que en Galicia hai vacas leiteiras de deseño que comen só penso?
17. ¿Poden os parques eólicos producir interferencias nas telecomunicacións?
18. ¿Que é electrólise? ¿E a metanización? ¿E o “vector hidróxeno”?
19. ¿Que son as smart grids (redes intelixentes)? ¿Interesan en Galicia?
20. ¿Cantos enxeñeiros galegos traballan en Alemaña…?

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 11/10/2012]

Share