Do flamengo ao holandés (A voo de tecla)

“GALICIA ten a triste sorte de ser un apéndice cultural e lingüístico de España. Tendo os galegos como idioma patrimonial un dos tres europeos que máis se espallaron polo mundo, e como imposto outro deles, en termos xerais están tan incapacitados para falaren varios idiomas coma os monolingües casteláns. E aínda padecen un complexo de inferioridade lingüística que os levou a facer do idioma que os marca nos apelidos un patois que perde características galegas a cotío: o castrapo.
Fronte a iso, outros pobos avantaxan os españois ao punto de que en Bruxelas é común atopar mendigos do Leste europeo que dean a escoller idioma en que se expresaren a quen queira escoitar as súas vidas apátridas. Iso ocorre na capital onde dificilmente se vive sen falar un par de linguas e na que se empeza a vivir ben cando se falan catro…” (Texto íntegro en La Voz de Galicia)

Share