Sigamos

O pasado 18 de setembro o Instituto Cervantes de Bruxelas abriulle as portas a Galaxia para recibir a Víctor Freixanes, a quen isto vos escribe e a un grande e ledo grupo de interesados en Mar Maior. Por tras da operación estaba María González Encinar, a directora do Centro, monfortina de raza.
O acto estivo cheo de emocións. O discurso do Víctor, con algunha variación miña, veu cantar na Capital da Unión Europea que Galicia non acaba no Finis Terrae dos romanos.
Din en Bruxelas que “o idioma da Unión é a tradución” e connosco estiveron galegos que, por xunto, dominan os segredos de vinte idiomas. Eles van ser os nosos embaixadores en dúas direccións: na do galego a calquera lingua europea e viveversa. Logo da experiencia do Ulises, sigamos.

[Blog da Editorial Galaxia, 25/09/2014]

Share