Follas de bacallau (A voo de tecla, 01/01/2007)

O galego é un pobo épico que non fixo literatura porque domadores e castradores lle inculcaron autodesprezo á historia e á lingua propias. Pero os galegos conquistaron mundos extremos (velaí “Toda a Terra é dos homes”, do Menéndez) e seguen a conquistar un mundo líquido, bestial: o mar.
De mares árticos fala “Follas de bacallau” do Xabier Paz, libro da epopea pescadora dos galeguiños axigantados fronte aos vagallóns ao que só lle sobran follas de papel (perdón pola crítica, ao editor que non llas recortou). Dá xenio ler Literatura feita por xente de Ciencias, neste caso un biólogo compañeiro do Xavier Queipo, médico e biólogo, autor de libros epopeicos e mariños.
Alguén tiña que contar e eles contaron, como fixo o finado Xacobe Barros. Son narradores cheos de vivencias; e o que escriben dá para pasarmos do humano, duramente retratado por estes científicos, ao científico-técnico…
Vense de abrir convocatoria de proxectos de investigación do Sétimo Programa Cadro da UE, nos que prima a cooperación internacional, intraeuropea, euroamericana e euroafricana. Galicia acumula sabedoría secular sobre as pescas neste intre de crise ecolóxico-enerxética; e, analizando o que narra Xabier Paz, logo se deduce unha restra de proxectos europeos (localización de cardumes, propulsión do buque, modificación de atmosferas, robótica de procesamento, domótica mariña, telecomunicacións…) que aliviarían os rigores de andar ao peixe. Hai moito bacallau que cortar nesta materia e cumpría cortalo.

[La Voz de Galicia, A voo de tecla, 01/01/2007]

Share

One Comment

  1. Santiago

    Xavier, buscando otras cosas, caigo en tu blog (chapeau hacia tu bellísimo gallego; quen o falara!). Como no tengo tu correo, te dejo este mensaje por si quieres que te cuente algo más de la amistad entre Sobredo, Castedo y Torrente Ballester, a los que mencionaste, como ilustres ferrolanos, en tu excelente discurso de entrega del premio Blanco Amor, según acabo de descubrir. Fuerte abrazo, Santiago

Comments are closed.