Mesa redonda no Felipop


Este ano NA HORTIÑA de Limodre (Fene) teñen a intención de converter o Felipop no punto e final dunha semana repleta de atractivas actividades. As programadas para esta edición inclúen unha mesa redonda para o día 8 de agosto sobre Andrés do Barro e presentación do CD “Manifesto Dobarrista”. Estaremos alí Xurxo Souto (director de programas da Radio Galega),Noel Feans (da Regueifa Plataforma http://aregueifa.blogspot.com/), Anxo Fernández (director do documental “O tren que me leva”, do que será proxectado o trailer),Sergio Lago (do selo Falcatruada) e eu mesmo.

O programa completo pode consultarse na páxina do FeliPop.

Share