Robots para vellos

«Grande foi a imaxinación de Jules Verne mais non deu intuído o que está deixando de ser ficción científica: a substitución de persoas por máquinas con comportamentos humanos.

Tal é o caso dos robots para o coidado de anciáns coas capacidades físicas diminuídas. Estas máquinas, que ven, oen, cheiran e aprecian temperaturas; que falan e se moven; que entregan medicamentos con precisión; que comunican a centros de atención superior os acontecementos referentes á persoa baixo a súa responsabilidade, están xa fóra do laboratorio, a entraren na liña de produción. E non son humanoides: teñen as formas que corresponden á funcionalidade para a que foron deseñados…» (Texto íntegro en La Voz de Galicia)

Share